Portos está elaborando un documento onde se recollen as propostas de ordenación da zona portuaria da contorna de Pontecesures.
Portos de Galicia está a elaborar un documento onde se recollen varias alternativas de ordenación dos tráficos rodados e que están intimamente relacionadas co futuro planeamento da zona portuaria de Pontecesures e a súa contorna.
O documento que se está a redactar posúe, polas súas características, un grao de complexidade elevado, estando previsto que sexa remitido ao concello de Pontecesures nas vindeiras semanas. O obxectivo é que sexa estudado e debatido polos axentes sociais e concello de tal xeito que as propostas sexan analizadas para poder continuar coa redacción do proxecto construtivo.
No estudo propóñense as distintas alternativas que os técnicos responsables do proxecto están a barallar para a ordenación dos tráficos na zona portuaria e que afectan ao propio núcleo de Pontecesures e os seus viarios.
Algunha das propostas que se están a analizar teñen que ver co futuro planeamento xeral do núcleo urbano polo que é necesaria a coordinación entre as propostas de Portos e as do propio concello en canto á ordenación definitiva de todo o entorno. Desta maneira, o proxecto definitivo terá unha funcionalidade real e servirá, non so para embelecemento da zona portuaria, senón para solucionar de forma exaustiva algúns problemas máis importantes que afectan a toda a contorna.
Este é un dos aspectos sobre os que se centraron as anteriores visitas mantidas nos pasados meses levadas a cabo polos técnicos de Portos de Galicia e o presidente do organismo onde se explicaron e se debateron, sobre un documento previo, as distintas demandas do concello.
PÁXINA OFICIAL DA XUNTA DE GALICIA, 19/12/10
2 comentarios
estudiante · 20-12-2010 a las 12:01
Isto é a proba máis palpable que non haberá remodelación portuaria. Unha proba moi clara de que nos tomou o pelo a Xunta do PP e mailo desjoberno municipal de Pontecesures. LÁSTIMA.
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-12-2010 a las 15:52
A min non me toma o pelo o PP, «estudiante» ou «bngpontecesures». Eu estou a facer todo o posible para que sexa enviado o proxecto dunha vez por todas. ? a miña obriga coma concelleiro. ? certo que Portos de Galicia está a demorar isto en exceso e xa expusen a miña crítica. Deles é a responsabilidade. Quero ser cauto e comprobar o que envían e o calendario con datas das actuacións. Por suposto, que seguirei insistindo e denunciando o incumprimento da promesa do presidente do ente público se as obras non son unha realidade.