Falece o avó da correspondente do Diario de Arousa en Ulla-Umia, Mercedes Angueira

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na tarde de onte faleceu o veciño de Cruxeiras de Arriba (Carcacía), Serafín Suárez Posada, de 94 anos de idade, que é avó da correspondente do Diario de Arousa en Ulla-Umia, Mª Mercedes Angueira Suárez.
O velorio ten lugar na sala nº 2 do tanatorio Iria Flavia de Padrón. Ás 17:30 horas de hoxe, 30 de xaneiro, celebrarase na Igrexa de San Pedro de Carcacía a Misa de «Corpore Insepulto», trasladándose a continuación os restos mortais ao camposanto de dita parroquia.
O funeral será o luns 31 de xaneiro, ás 18:00 horas na Igrexa Parroquial de San Pedro de Carcacía. Descanse en paz.
Dende este medio quérolle transmitir un sentido pésame a Mercedes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.