Medio Rural executará obras do P.I.R. en Pontecesures por 40.000 euros

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nun principio o Concello de Pontecesures quedara fóra deste Plan de
Infraestructuras Rurais (PIR) 2011 e así dende o concello realizáronse xestións diante da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural e co propio Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Con satisfacción recibimos esta semana a nova de que as xestións resultaron fructíferas e que se inclúen tamen no PIR 2011 as dúas obras solicitadas por este concello, por un importe total duns 40.000 euros. Son as seguintes:

-«Saneamento é pavimentación da rúa Mimosas en San Xulián». Vaise substituir a tubaría de saneamento e incluso a de abastecemento de auga nun tramo da rúa Mimosas en que as avarías son frecuentes e logo acometerase un novo pavimentado pois o firme está moi deficiente por mor do arranxo das avarías nos servizos
indicados.

-«Pavimentación no Camiño dos Acevedos de San Xulián». Nunha zona deste camiño realizouse un ancheamento considerable ao ceder un amplo espazo un veciño para o vial. Na actualidade a zona ampliada está en terra sen pavimentar. Precisamente con esta obra do PIR vaiselle botar unha capa de rodadura ao espazo gañado.

O venres, 4 de marzo, un técnico visitou a zona, esperando que os proxectos das obras sexan rematados canto antes para proceder á súa adxudicación por parte da Consellería do Medio Rural.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.