Concedidos más de 113.000 euros a Pontecesures para os Programas de Cooperación 2011.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Consellería de Traballo e Benestar, ven de comunicar ao Concello de
Pontecesures a concesión dunha subvención de 113.166,48 euros para
a contratación de 10 desempregados por período de 7 meses de acordo coas peticións seguintes:

-«Atención ao cidadán». Dous auxiliares administrativos a xornada completa (Un para a biblioteca e outro para as oficinas xerais).

-«Mantemento e limpeza de instalacións e locais do concello». Catro peóns e dous limpadores a tempo total.

-«Reforzo do serizo de seguridade». Dous técnicos en protección civil a xornada completa,

O luns, 23 de maio serán presentadas as ofertas de emprego na oficina de Vilagarcía. Logo dende dita oficina enviarase ao concello a relación de preseleccionados e un tribunal formado por persoal do concello procederá á selección definitiva.

Os interesados poden informarse sobre estas contratacións (requisitos,
actualización da tarxeta de demandante de emprego, criterios de preselección ou selección no seu caso, etc…) tanto na oficina de emprego de Vilagarcía como na oficina do técnico de emprego na Casa do concello de Pontecesures (986/564403).


5 comentarios

maribel cartos · 22-05-2011 a las 00:08

?ltima cacicada do goberno municipal. ¿Desde cando sabían esta noticia? ¿enteráronse hoxe, día de reflexión? ¿publicouse hoxe, sábado, no DOG?… Por último, durante a campaña, ¿a canta xente lle prometeron estas plazas?

elisa · 22-05-2011 a las 00:24

a mucha gente que ya estaban el viernes en la plazuela hablando de eso algunas mamas . este saba como lo sabe hacer alfinal es listo y todo

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-05-2011 a las 01:46

A comunicación desta subvención chegou o venres á ultima hora á Casa do Concello vía fax. De cacicadas nada «maribel cartos», todos os concellos da provincia de Pontevedra recibiron a correspondente comunicación destas axudas para o fomento do emprego que veñen xa de hai moitos anos. De promesas eu non sei nada de nada. Pero se todavía non se fixo a oferta de emprego e, polo tanto, non se coñecen os desempregados preseleccionados pola oficina de Vilagarcía.
Esta entrada é importante dende o punto de vista informativo para que os interesados realicen, canto antes, as oportunas consultas nas oficinas administrativas indicadas.

alborada · 22-05-2011 a las 15:46

O tránsfuga coma sempre,bla…bla…bla….

celtaxxi · 22-05-2011 a las 23:40

Xa cheirades co de tránsfuga. Pontecesures non quere que o BNG goberne, senon Angueira tería sacado 6 concellais. Agora chega o tempo de colocar os cromos no álbum e quizais o bloque se tire dos pelos por este e moitos mais temas xD.

Responder a alborada Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.