Mañá, 13 de xuño, corte de auga en Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Toda a zona do Caldeirón de Arriba de Porto e rúas adxacentes, quedará sen auga mañá luns, de 9 a 13 horas por mor da obra de saneamento e abastecemento que se está a executar e que pertence ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2011.

Categorías: Concello

9 comentarios

manolo o do bombo · 12-06-2011 a las 20:30

Hombre Sabariz siges sendo o portavoz do concello ….

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-06-2011 a las 07:52

Vin un anuncio nunha columna, «manolo o do bombo» e pareceume de interese colgar esta nova aquí. Está ben a retranca, pero parece que aínda que estea fóra do goberno local, molesta que faga entradas. Haberá que reconsiderar a dedicación e a colaboración que sempre tiven con este medio.

pontecesurex · 13-06-2011 a las 10:00

Sabariz , espero que non lle faga caso a ese tipo de comentarios , porque a xente moito fala , pero aqui quen da a cara e pon noticias e so vostede. Eu a titulo persoal doulle as gracias por este tempo dedicado

celtaxxi · 13-06-2011 a las 15:03

Nin caso!!! Este punto de encontro é un dos máis seguidos por min e polos meus achegados e agradecemoslle a vostede, Sr. Sabariz o manternos informados. Saudos!!!

ife · 13-06-2011 a las 15:14

Por favor «saba» con tu permiso me voy a permitir la confianza no dejes de ser portavoz pues es lo único que le queda a este patético pueblo. No te canses adelante y sigue informando por el bien de todos.

outro · 13-06-2011 a las 15:54

Pódense facer moitas cousas por un pobo sen estar no poder na corporación. Unha desas cousas é informar aquí do que pasa alí (xa se encargarán outros de tentar que non se saiban moitas cousas).
Grazas, Sabariz, por todas as informacións pasadas e espero que tamén polas futuras.
(Antonio, perdón por saírnos da entrada unha vez máis).

porco bravo · 13-06-2011 a las 17:13

Agora máis ca nunca debemos estar ben informados. Por favor, Sr. Sabariz manteña vivo este medio seguido por tanta xente. Grazas.

Caminante · 13-06-2011 a las 17:28

Quedando claro a grande laboura de información que realiza neste medio, considero non obstante que a sús actitude un pouco lastimera, e por que non dicilo, chorona.
Non creo, sinceiramente o digo, que o comentario de «manolo o do bombo» sexa tan grave para ter que reconsiderarse algo. ? unha entrada irónica, pero nada máis.
Botou conta das veces que leva reconsiderandose «cousas»?

Creo e penso, «ife», que non por que igual ti sexas unha persoa patética o ten que ser o resto do pobo. Creo que falas por ti mesmo. Non mistures aos demáis.

Marbella-2 · 13-06-2011 a las 19:31

Xa fai tempo, os nacionalistas consideraron esta páxina de, non recordo ben o descalicativo, pero algo así como «nefasta». Recien chegados, volve a molestarlle que alguén informe. Parece ser que molesta que as cousas se den a coñecer, ou que se escoite variedade de opinións. Neste caso, penso que é unha información que beneficia aos usuarios, (e de agradecer saber que non vas ter auga ao día seguinte, por aquelo de ducharte pola noite ou facer acopio de auga para cociñar), e beneficia aos novos gobernantes, por aquelo de non ter que escoitar frases tipo «cortan a auga e non avisan». Esta información penso que non perxudica a ninguén, e é de agradecer a quen se tomou a molestia e o tempo de publicala.
Esta páxina que moitos critican pero estan continuamente entrando e comentando nela, debelle moito a Sabariz, non o olvidar, (sen novas, sen entradas, e sen actualizacións non hai onde comentar).
Saúdos a todos!!!

Responder a Marbella-2 Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.