Zapatones suplirá mañá a ministra de Defensa no pregón da Romaría Pagana.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Tentouno, pero non foi posible. O promotor, alma mater e encarnación do espírito libre da Romaría Pagana Nocturna da Casa Vella de Valga, Xenaro Barreiro, terá que pensar en sacarse un billete destino Madrid para cumprir o seu soño de coñecer en persoa á ministra de Defensa do Estado, a catalana Carme Chacón. Barreiro fixo honra ao seu anuncio de escribirlle a esa muller que «me encanta» unha carta invitándoa como pregoeira da que mañá será a trixésimo segunda edición da festa valguesa. Pero a contestación do mando civil castrense confirmou os temores de Xenaro, que xa no pasado mes de outubro apostaba a que Chacón «non vai vir nunca». Cando menos quedarálle a satisfacción de ser correspondido cunha contestación oficial, asinada polo director do gabinete da ministra, no que despois de «agradecerle su atenta carta en la que invita a la ministra de Defensa al aniversario de A Casa Vella», pasa a dicir que «lamento comunicarle que doña Carme Chacón no podrá asistir a la citada celebración. Sin otro particular, reciba un cordial saludo».
Claro que as festas non están para chorar. Home de recursos, Xenaro Barreiro atopou en Santiago de Compostela o perfecto substituto para cubrir a egrexia vacante. Carlos Lema, máis coñecido como Zapatones, fotografado cos máis ilustres visitantes á capital galega ataviado co seu inseparable uniforme de peregrino, encargaráse de abrir a Romaría Pagana da Casa Vella.

Dúas bandas e un Dj
Mexilonada popular e música a pé de campo voltarán ser os ingredientes inseparables da festa, que arrincará ás dez e media da noite e que contará coa actuación en directo de dúas bandas emerxentes no Baixo Ulla, os catoirenses Myths About Pandas, e os valgueses Noise Project, con Dj Paco o Noso completando o cartel.

LA VOZ DE GALICIA, 14/07/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.