Os socialistas de Valga presentarán unha moción para pedir a gratuidade dos servizos do tanatorio

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O grupo socialista de Valga pedirá no próximo Pleno da Corporación a gratuidade dos servizos do tanatorio municipal para todos aqueles empadroados no municipio.
A nova xorde trala apertura dun expediente sancionador á empresa concesionaria das instalacións o pasado mes por parte do Concello. Así, os socialistas piden ao alcalde que ??se comprometa a que todos os veciños poidan facer uso do tanatorio sen ningún tipo de exclusión.? Pompas Fúnebres de Padrón, adxudicataria do servizo, foi denunciada pola Asociación de Empresas Funerarias de Pontevedra de negar o préstamo dunha sala a outra empresa para levar a cabo no municipio o velatorio dunha veciña.

Ante isto, os socialistas din que co expediente ??o Goberno local non tivo máis remedio que recoñecer a súa mala xestión na adxudicación da concesión.? Ademais, denuncian que ??a reiterada negación á cesión do servizo de velatorio a outras empresas funerarias por parte da concesionaria vense producindo dende setembro de 2010, algo que era ben coñecido por todos os veciños.?

Por outra banda, o grupo socialista destacou que o alcalde ??se atreveu a dicir que a protesta da Asociación de Empresas Funerarias estaba incitada polo noso grupo e era por motivos políticos.?

Por tanto, estes piden que o Concello ??aclare definitivamente cal é a situación con respecto ao tanatorio?, mentres os denunciantes da posible infracción por parte da empresa adxudicataría non descartan facer outra manifestación ante a situación de ??monopolio? na que aseguran que funciona este servizo municipal. O Concello, ademais, terá que dar conta do resultado do expediente sancionador tras recibir as alegacións, para as que abriu un prazo de quince días.

DIARIO DE AROUSA, 02/09/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.