O convento do Carme e o pai Enrique.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O recente peche do convento dos Pasionistas en Melide lembrounos que a ameaza dunha situación semellante ensombrece ó antigo convento dos Carmelitas Descalzos, actualmente da Orden dos Pais Dominicos en Padrón, e que permanece aberto grazas a presenza do popular pai Enrique e a colaboración da gardesa Maruja Rodríguez Rey.

En canto ao convento non hai máis que ollar o extraordinario volume do historiador local Xosé Carlos Beiró Piñeiro para decatarse da non menos extraordinaria historia deste mosteiro dende a chegada dos Carmelitas Descalzos a Padrón e, mais tarde, dos Dominicos. Tan extenso como intenso de interese o gran traballo de Beiró Piñeiro que reflexa, asemade, unha importante faceta da historia de Padrón, á que tamén se suma un testigo ocular da inauguración deste mosteiro un 15 de xullo do 1752, como foi o inesquecible primeiro cura de Fruime, D.Diego Antonio Cernadas y Castro, quen se refire no tomo V das súas famosas Obras a tal acontecemento.

Mais con respecto a situación actual, e visto o visto, do que en casos semellantes coma o dos Pais Pasionistas, xa antes o mesmo en Caldas de Reis, hai que agradecerlle ao pai Enrique que siga ao fronte do convento. Por iso non deixa de sorprender ós padroneses entre os que o Pai Enrique Tomás Hernando con máis de 50 anos no convento do Carme, e que por todos é considerado como un veciño máis da vila do Sar, que non se tivesen novas noticias dende que fixo xa dous anos o pasado mes de maio se deu a coñecer o proxectado nomeamento polo Concello do popular frade como Fillo Adoptivo de Padrón.

Por aqueles días neste mesmo espacio de TIERRAS facíamos unha breve semblanza do significado do pai Enrique ao fronte do convento do Carme e da consideración que se sente hacia El polos padroneses en particular e polos restantes habitantes da comarca do Sar en xeral, de aí a estrañeza do longo mutismo que segue sobre aquel anuncio do seu posible nomeamento como Fillo Adoptivo de Padrón polo que sería importante que neste sentido e para xeral coñecemento se dira por quen ou quenes corresponda algunha información.

Por José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 06/09/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.