Resposta do Equipo de Goberno do Concello de Pontecesures ás acusacións de oscurantismo por parte do Sr. Sabariz

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Levamos uns días vendo como o Sr Sabariz nos acusa na prensa de oscurantismo entre outras lindezas.  Dende o equipo de goberno o que podemos asegurar e que neste Concello non existe dito oscurantismo.

Dende a nosa chegada a este Concello no mes de xuño o único que intentou este señor foi que a oficina traballara para él.  Estamos dacordo en que él ten dereito a información como membro da oposición.  Pero dende o equipo de goberno creemos que todo ten un límite.

Nas oficinas municipais temos problemas de persoal por distintas baixas laborais e él é sabedor desta situación.  Pero segue na súa liña.

O Sr Sabariz leva apresentados por ventanilla 25 escritos e 12 fax mandados dende o seu posto de traballo no Concello de Sanxenxo.  Cremos que as súas queixas son infundadas xa que só temos tres escritos sen contestar.

O primordial para este equipo de goberno e a atención dos veciños e despois non se preocupe que se lle irán contestando todos.

Teña calma xa que os traballadores non traballan só para Vostede e non intente colapsar as oficinas municipais.

Tamén queremos resaltar que cando non é coñecedor dalgunha información intenta conseguila da maneira que sexa.  Ven molestando aos distintos traballadores ou sustraendoa directamente.  Poñemos como exemplo o programa da festa da lamprea.  O día anterior a presentación estivo neste concello,  levouse un programa, e Vostede mesmo fixo que chegara a prensa antes da presentación.

Oscurantismo é o que practica Vostede intentado a través do teléfono ou paseando polos distintos despachos do Concello que os traballadores lle pasen información.  Tense dado o caso dalgún dos despachos de recibir 5 chamadas diarias ou máis feitas por Vostede .

Deixe traballar a xente, faga o seu traballo pero non minta.

 


10 comentarios

catequistauno · 13-04-2012 a las 18:42

Estupenda la respuesta del equipo de gobierno, 12 fax mandados desde el puesto de trabajo en el concello de sanxenxo (tenía miedo a perder plazos) cinco llamadas diarias a alguno de los trabajadores del concello de cesures, se hace con la información antes que el mismisimo gobierno de cesures disponga de ella, este hombre no tiene otra cosa que hacer? Luego hablan de los funcionarios, no me extraña. Deje que trabajen en el concello de Cesures que sus requerimientos de informacion tampoco son tan importantes y es más, parece que no le quedó todavía claro que lleva presentandose para Alcalde hace ya un tiempo y el pueblo no le da la confianza que necesita; ¿por qué razón no lo deja ya? Acaso ¿no se da por enterado?

piris · 15-04-2012 a las 13:06

De ser certo o que di a nota do equipo de goberno, estamos ante un caso de IRRESPONSABILIDADE dun funcionario que utiliza un ben público (un fax) para fins particulares. Ainda que houbese permiso dos seus superiores (non o creo, porque a irrespnsabilidade sería doble) hai unha clara FALTA DE ?TICA, que nos permite pensar (somos libres de facelo ) na posibilidade de que no noso Concello ocurrese algo parecido (uso de fax, teléfonos,etc,etc con fins particuares) durante os catro anos anteriores.
En canto ao de dar a coñecer o programa da festa da lamprea antes da presentación oficial, é un exemplo de FALTA DE LEALTADE dun concelleiro cara a Corporación Municipal da que FORMA PARTE (pequena, pero PARTE) . ? polo tanto é unha FALTA DE RESPECTO A OS VECI?OS que son os que elixiron esta Corporación. A festa da lamprea é de TODOS os cesureños e non debemos permitir que sexa utilizada para politiqueos baratos.
En fin, lealtade, respecto, ética, responsabilidade…… son palabras das que algúns se enchen a boca , pero que pouco practican.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-04-2012 a las 14:25

Está todo contestado, «piris», en mi nota de réplica por mucho que hables de irresponsabilidad, de falta de ética o de lealtad. Lo que tiene que hacer el gobierno local es autorizar, en los plazos que establece la normativa, las consultas que solicita la oposición. Eso es lo ético y lo legal. Además, se insta la consulta de documentos que ya existen. Lo único que tienen que hacer es localizarlos y ponerlos a disposición . Y este cometido lo pueden realizar bien los tres concejales del gobierno local (Cecilia Tarela, Roque Araújo y Ángel Souto, la mitad del mismo) que tienen una dedicación exclusiva y que cobran un sueldo mensual que pagamos todos los cesureños.

piris · 15-04-2012 a las 15:54

Iluso de min. Esperaba que se rebatesen con argumentos as miñas opinións (recoñezo que era difícil), pero…….fuxen polos «Cerros de ?beda».
Recórdame o chiste do xordo: ¿Qué hora é?….Non teño tabaco.

papagos · 16-04-2012 a las 11:05

Claro que eres un iluso «piris», ao Sr Sabaríz cando lle din as verdades fai como que a cousa non vai con el é un experto nisto. De feito non nega ningunha das graves acusacións referidas na nota. ? coñecido por todos que o Sr Sabaríz excédese no seu labor de oposición converténdose nun auténtico espía e utilizando unha morea de artimañas para conseguir o seu propósito. Resúltame cómico que para xustificar que se fixo cun programa da lamprea diga que a programación non era tan interesante.
Mire Sr Sabaríz, vostede ten dereito a toda a información que precise para exercer o seu labor de oposición pero iso non inclue toda a información que vostede queira, e por suposto a protección de datos está por enriba de devandita tarea para a cal vostede non precisa entre outros a lista con nomes e direccións dos pais dos nenos da gardaría.

E falando de transparencia porque non nos conta que lle pasou co xacobeo, parece que quería aloxar no albergue ao grupo invitado pola agrupación folclórica á que vostede está vinculado e enfadouse moito coa negativa dos da xunta, apelaba a un previo acordo verbal… cóntenos, cóntenos, temos dereito a saber se había intereses detrás do regalo do noso patrimonio.

Por último Sr Sabaríz, os concelleiros con dedicación exclusiva téñena para dedicarse aos veciños non para buscarlle a vostede documentación, así que non se equivoque non vaia ser que empece a faltarnos ao respecto aos demais.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-04-2012 a las 15:24

Está todo explicado na nota de réplica, «papagos», e na petición do listado de usuarios da escola infantil. Se o goberno ten os datos e mantivo unha xuntanza con eles para darlles a súa versión sobre a suba das taxas eu tamén quero informarlles da miña. ¿Que mal ten iso?.

Sobre a utilización do albergue, teño que dicir que como o concello, nun principio, non ía sufragar gasto algún da estadía do grupo de fóra que traemos ao festival dal letras galegas 2012, fixemos unha xestión coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para ver se podían durmir no albergue o vindeiro 19 de maio, pagando os 5 euros de prezo cada integrante do grupo como os peregrinos. Comunicaron que non era posibel porque eses non eran os usos previstos para un albergue de peregrinos e non houbo ningún problema nin enfado de ninguén. Buscouse outra alternativa e punto.

piris · 17-04-2012 a las 01:52

Gostaríame que alguén me dixera si lle parece ?TICO que un FUNCIONARIO MALGASTE OS CARTOS (pagados polos contribuintes cos seus IMPOSTOS) para resolver asuntos particulares….. Agradezo respostas, sempre que non fuxan polos «Cerros de ?beda» e non mesturen «churras con merinas». Boas noites. Vou descansar que entro no turno das 6 da mañán.

papagos · 18-04-2012 a las 12:43

Por suposto que non é ético «piris», o mesmo que non é ético ser un tránsfuga, non é ético manipular a información, non é ético filtrar o programa da lamprea antes da rolda de prensa para a presentación da festa, non é ético asinar o uso exclusivo do albergue por parte do xacobeo e pretender agora por conveniencia darlle outro uso,… etc, etc, etc.
En fin, cadaquen que saque as súas propias conclusións.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-04-2012 a las 16:39

Llegado a este punto, «papagos», ya poco queda por decir. Di siempre explicaciones pero no voy a dar vueltas y más vueltas sobre todo tipo de acusaciones. No cobré ni un euro de retribución en trece años que llevo en la corporación, no defendí ni defiendo intereses particulares y siempre hice lo que pude en favor del municipio y de sus vecinos. Lógicamente habrá opiniones de todo tipo sobre mi gestión y, como bien decías, allá cada uno con sus conclusiones. Nada más.

Cara de cona · 19-04-2012 a las 23:58

Pero a lamprea tivo programa?…..si non houbo nada…,que filtracion nin que carallo…ben Saba que os tes cabreados…..como lle jode mi madriña…..sempre estas que si cobran tres…..unha vez…outra…outra…sempre lembrando o mesmo.,..
si señor recordando sempre iso….e boa tactica…..o de cobrar as tres persoas e moi criticado por todos……non se ve nada de xestion……e ca crisis a xente di eso….que non cobren para que os queremos……que vaian traballar…..
.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.