Moción do grupo de goberno de Pontecesures de apoio aos traballadores de «Ana Naya García S.L.» empresa concesionaria da Escola Infantil Municipal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Esta moción que vai ser debatida no pleno ordinario do luns 24 de setembro (21:00 horas) di, literalmente, o seguinte:

«Exposición de motivos:
Debido ao proceso que se está a dar nas relacións laborais entre a empresa ANA NAYA GARCÍA S.L. e todas as traballadoras e traballadores das distintas escolas infantís que ten en Galicia e no resto do estado español, e nomeadamente neste concello; as irregularidades con que se está levando a cabo; o método de negociación que se pretende aplicar, totalmente ilegal e desprezando á representación legalmente elixida; as presións, e baixo o noso punto de vista, a manipulación, que a empresa está a facer con todo este tema e, en definitiva, as graves consecuencias que pode traer para todo o persoal ó que a empresa propón (un convenio de empresa empeorando as condicións laborais e sindicais), consideramos que é necesario apoiar ás traballadoras e traballadores para deter estas prácticas polo que supón de ataque aos seus dereitos laborais, xa bastante precarios e, ao mesmo tempo un ataque importante ao importante servizo público público que están a prestar.

Por iso propomos ao Pleno da Corporación que se tome por parte do concello o seguinte,
ACORDO
Esixir a ANA NAYA GARCIA S.L. o cese deste tipo de actuacións q que comece a facer as cousas polas canles legalmente establecidas, é dicir, un porceso de negociación coa representación legal das traballadoras sen coaccións ou presións.

Pontecesures, 17 de setembro de 2012»


3 comentarios

ben te vexo · 21-09-2012 a las 13:24

Ben se ve que os traballadores sempre lles toca ceder, perder facer un esforzo (ou como se lle queira chamar). Ánimo.
A miña felicitación ás traballadoras por conseguir esta moción non so na súa defensa senon que abrangue ás traballadoras e ós traballadores desta empresa en Galicia e no resto do territorio español (ahí es nada), espero que non se esquezan de incluir a todos os empregados de hostelería de España que non consiguen que respeten os seus horarios laborais; a todos os traballadores traballo para non perder os seus dereitos; empregadas de fogar sen contrato e condicións de traballo abusivas, tantas e tantos traballadoras/res en Pontecesures, Galicia e o resto do territorio español ( incluso no extranxeiro) que merecen o mesmo respeto, recoñecemento e solidaridade do noso equipo de governo como as/os traballadoras/res deste caso en concreto. O meu apoio tamén a todos os parados de Pontecesures, Galicia e do resto de territorio español e mundial que agardan un posto de traballo.

Cara de cona · 21-09-2012 a las 18:22

Esto que e?…….xa estamos ca campaña electoral…….cando joderon as traballadoras cas sancions…..o Roque e os do goberno pasando….agora que xa lle pillaron os cartos….apoio…..non hai quen entenda o que pasa…..que de unha charla a irma do Frances a da gardería…..que explique…jo…jo…jo…-

Becquer II · 21-09-2012 a las 19:59

Trifulca en la guardería
un gran fracaso de Roque
ni solo ni en compañía
tampoco lo arregla el Bloque.

Se revuelve el personal
pero al gobierno apoyaron
a los demás los quemaron
y se merecen el mal.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.