Xavier Ron, candidato de AGE para as eleccións do 21 de outubro: «Se as cousas seguen así chegaremos ao intolerable»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Considera que o comercio de Santiago está a sufrir as consecuencias de políticas como a de restricións salariais.

Xavier Ron figura nunha lista inédita, e seguramente inimaxinable hai pouco. Cre que os cidadáns de a pé están maltratados pola política pero resalta que non todos os políticos son iguais. Desde Alternativa Galega de Esquerdas quere demostralo.

-Candidatos de Santiago por dúas formacións

-Si, si, é o bonito de esta coalición, intentar que se pluralizasen as organizacións que estamos dentro da coalición.

-¿Pode influír nesta área que estea Beiras en cabeza?

-Beiras ten unha bagaxe política impresionante. ? unha persoa activa e comprometida. ? impresionante escoitalo falar e velo tan comprometido. Para min é unha honra estar ao seu lado.

-¿Que leva a axenda de Alternativa sobre Santiago?

-Nós fixemos unhas liñas programáticas xerais para parar a desfeita xeral, unha desfeita que se manifesta tamén nas localidades. As medidas de desemprego son tamén para Santiago, propoñemos a paralización dos edificios do Gaiás e un modelo cultural participativo e beneficioso para a cidadanía que non pode levarse adiante por culpa do que traga a Cidade da Cultura. Todas as medidas xerais teñen a súa aplicación práctica en cada cidade: a soberanía alimentar, o cooperativismo, economía social… E é un programa a construír coa cidadanía a fin de obter propostas concretas. ? dicir, un programa que cobre vida.

-¿Como ve Alternativa o tema da capitalidade?

-Non queremos incidir nos aspectos que semellan localistas. Falamos de racionalizar o mapa universitario galego, a rede de aeroportos ou un servizo de ferrocarril público que articule Galicia. Queremos parar o desemprego, a pobreza, os desafiuzamentos, as perdas de salarios, o abandono do rural. Priorizar a sanidade a educación, os servizos sociais. Non nos centramos nunha localidade.

-¿Esas problemáticas teñen unha seria incidencia aquí?

-Si. Santiago pola súa composición universitaria e administrativa parécenos que ten un estatus de vida mellor, pero non é tan certo. O traballo no polígono do Tambre decrece, os propios funcionarios son atacados nos seus salarios e iso afecta negativamente no pequeno comercio. Estase incidindo negativamente na educación, nos profesionais,… Hai moitas podas e involucións de dereitos que afectan a esta comunidade e lle fai perder calidade de vida. A xente de a pé empeza a desconfiar da clase política polo maltrato que recibe, e nós dicimos que non todos os políticos son iguais.

-¿Esa degradación con que intensidade a palpa na sanidade?

-Aquí pecháronse quirófanos, hai graves carencias de persoal, grandes listas de espera. ? tremendo. Resulta terrible que alguén chegue dende a Costa da Morte para un tratamento oncolóxico e lle digan que non está activa a consulta. A xente é moi tranquila, pero se seguen as cousas así traspasarase a liña do tolerable e existirá conflitividade social. O servizo sanitario non é caro, pero o financiamento non é correcto. Son estratexias para encamiñar todo cara ao privado, porque é un caramelo. Para nós a sanidade pública é universal.

-¿Hai un esquecemento dos servizos na periferia rural?

-Si hai un esquecemento. Vemos casos como o de que o contrato dunha educadora social dependa dunha subvención, que unha persoa que queira desprazarse en autobús viva unha odisea, que os servizos sociais están desasistidos ou que non haxa iniciativas para fomentar emprego. Hai un bloqueo administrativo, unha ralentización e unha involución. A periferia está mal tratada.

-¿Non anda algo lento un proxecto como o da nova depuradora?

-Si, vai con moita lentitude. E mesmo se esqueceron as promesas de utilizar a mellor tecnoloxía posible (o sistema de membranas) ou de facer unha instalación más reducida. As cousas teñen que ser moito máis áxiles. As augas saen cara ao río Sar sen depurar, como eu mesmo teño comprobado, e a situación do río é terrible, intolerable.

Xosé Xavier Ron Fernández

Filólogo

Alternativa Galega de Esquerdas.

LA VOZ DE GALICIA, 13/10/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.