Vaia imaxe da vila.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nestas imaxes tomadas na tarde de hoxe pódese apreciar que o persoal muncipal de limpeza non pasou esta mañá pola estación de FFCC de Pontecesures. � realmente triste observar como os numerosos usuarios do tren que temos hoxe durante todo o día teñen que soportar esta situación de insalubridade na estación (lixo de caixas, bolsas e botellas) e tamén imaxinarse que dirán da nosa vila as persoas das cidades do Eixo Atlántico ao decatarse diso cando para o tren do estado do andén principal. O goberno local pasando de todo. Así nos vai.

Categorías: Sin Categoria

5 comentarios

o palillo · 14-10-2012 a las 17:54

referente a esta triste noticia tamen hai moi xente no pobo que da asco mais non na dan limpo sempre estan no medio coma o xoves . Pero porque en vez de meterse sempre co pobre barrendeiro non fai vostede soñor SABARIZ que patrullen denoite os municipales para evitar esto e mais pola seguridade dos cesureños,ou porque non se quita unha lei de prohibido facer botellon na rua o que queira que o faga nun recinto cerrado pero vostede solo esta para goder os novos gobernantes en vez de darlle unha solucion para darlle ideas pero vostede non JODE , JODE,JODE E JODE QUE ASCO .

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-10-2012 a las 18:47

Mira, «o palillo», non estou no goberno municipal, e mentres tiven ese tipo de responsabillidades nunca estivo o andén da estación sen retirar o lixo un domingo pola tarde. Por suposto, estaba atento a estes temas.

Princo · 16-10-2012 a las 09:53

Que asco me da vostede… E non esa foto! Cando vostede gpbernaba e isto pasaba, era por actos incivicos. Agora resulta q é culpa de quen non o limpe… Pois xa lle irei eu emporcar á porta da casa sua, aver de quen sería a culpa

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-10-2012 a las 15:59

Non, «princo», non. Asco daba o andén da estación o domingo pola tarde con numerosas críticas de toda a xente. Algúns viaxeiros tiveron que apartar as caixas e as bolsas cos pes ata as paredes do edificio para poder pasar, e a imaxe, con máis de vinte persoas esperando polo tren, era denigrante. Por suposto que critico os actos incívicos, pero iso non é desculpa para un goberno que se despreocupa por estes temas. Mira, cando estiven no goberno tamén había botellóns, claro, pero polas mañás recolliase o lixo nos andéns sempre. O servizo de limpeza é fundamental e a sensación que dimos o domingo foi o dunha vila vergoñenta por culpa dos gobernantes que temos.

    la_hormiguilla · 17-10-2012 a las 09:50

    Ten toda a razón Sabariz. Unha cousa sería o andén a primeira hora da mañá, que ó mellor ainda había algún do botellón rezagado. Pero pola tarde, eso non pode estar así.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.