Segue a inseguridade cidadá: Roubanlle a carteira a unha muller en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 19 horas do día de hoxe, 17 de outubro, saía unha muller de Valga de mercar, coa carteira baixo o brazo, dunha ferretería situada na rúa Portarraxoi de Pontecesures. No caleixón que une a rúa Portarraxoi coa Avda. de Vigo (N/550), preto da porta lateral do establecemento a muller foi abordada por un home coa cara descoberta que a empurrou ata a parede do edificio botándolle a man á carteira e dicindo: «es una broma», «es una broma». Levou a carteira e fuxiu a correr con dirección á Avda de Vigo. Ao parecer a muller levaba preto de 100 ? na carteira. Personouse logo no lugar a Garda Civil que instrúe dilixencias.

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Tachenko · 20-10-2012 a las 00:21

A redacción, fantástica, periodismo puro….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.