Sinatura do convenio de colaboración para o servizo integral de apoio á familia.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

No día de hoxe o Concello de Pontecesures asinou un convenio de colaboración para a posta en marcha deste servizo.

O Concello de Pontecesures asina este convenio de colaboración coa Asociación ??Medrando á par?? co obxecto de ofrecer apoio ás familias de Pontecesures na educación de pais a fillos.

A sinatura deste convenio é un paso máis no noso compromiso coas familias da vila, con nenos en idade escolar.

Dalgún xeito, con este convenio tratamos de sobrepoñernos  aos recortes presupuestarios que se levaron por diante o programa ??Preescolar na Casa?, e que tanto éxito acadou nesta vila.

Constatado este feito, dende o Concello de Pontecesures, que era necesario poder ofertar de novo este servizo de grupos de apoio as familias, e atopamos na Asociación ??medrando a par? a mellor opción.

Agardamos o maior dos éxitos a esta iniciativa e que sexa do agrado das familias do noso concello.

Os destinatarios deste servizo serán as familias con nenos/as de 0 a 6 anos.

O servizo levaráse a cabo no Centro Xuvenil (Rúa Borobó ??ao lado da biblioteca municipal-) os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas. O primeiro día, que será de presentación do programa ás nais e pais, será precisamente hoxe 20 de novembro.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.