Escrito do alcalde aos veciños de Pontecesures sobre o Canon da Auga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Pontecesures a 21 de novembro de 2012

Estimado veciño/a

Diríxome a vostede para comunicarlle que dende o pasado 1 de xullo de 2012, conxuntamente co recibo da auga do Concello de Pontecesures, estase a facturar o novo Canon da Auga imposto pola Xunta de Galicia.

Trátase dun tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia, creado na Lei 9/2010 de 4 de novembro que ademais implicou a derrogación do antigo Canon de Saneamento. Grava o uso e consumo de auga no territorio de Galicia.

A efectos da súa aplicación aos cidadáns, a lei establece para as entidades subministradoras de auga, que repercutamos o Canon da Auga aos seus abonados, e ingresar os importes percibidos a ?ugas de Galicia, organismo da Xunta de Galicia.

Para facturar esta taxa a lei obriga a considerar, inicialmente, que en cada domicilio viven tres persoas, polo que en caso de residir máis persoas deberá solicitar a Augas de Galicia a modificación do número de persoas. Se vostede está nesa situaión, pode realizar a declaración para beneficiarse de maiores volumes de auga nos tramos máis baratos. Para efectuar a declaración do número de persoas, Augas de Galicia dispón do modelo AU23OH, que, debidamente cumprimentado, poderá ser presentado ante ese organismo.

Para descargar a solicitude: http://www.canondaauga.es/gl/9-como-podo-demostrar-o-numero-de-persoas-que-somos-na-vivenda-para-adaptar-o-numero-de-metros.

Teño especial interese en que vexa que a variación que experimenta o recibo non é consecuencia de ningún incremento nin nova taxa aplicada polo concello de Pontecesures.

Finalmente, indicarlle a nosa dispoñibilidade, a través das oficinas do Concello, para a atención de todas as dúbidas e consultas que lle poidan xurdir sobre o novo tributo da Xunta relacionados coa auga.

Sen outro particular, reciba un atento saúdo.

O alcalde. Manuel Luis Álvarez Angueira.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.