Charla sobre as preferentes e as subordinadas en Pontecesures

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cartel PREFERENTES 2013 web

Categorías: Sin Categoria

17 comentarios

sobreiras · 3-05-2013 a las 09:15

¿Esto, que é? . ¿Querédesme explicar que significa esto?. ¿Tamén no meu concello temos que asistir a este tipo de espectáculos?. ¿Tamén aquí queredes escraches?. Acaso esta xente cando levou os SEUS CARTOS a caixa foron a buscarvos a vos o concello para que os acompañarades, ver que facian con eles e dondo os metian, si en preferentes, en bonos do tesoro, en conta corrente ou en conta de aforro. Señores un pouco de seriedade, os preferentistas non foron a caixa tutelados por ningún político. Non usedes a esta xente con problemas para facer política. Está claro que a esquerda deste pais válelle calquer problema para arremeter contra o Partido Popular cando está gobernando. As preferentes foron aprobadas no Banco de España cando o presidia Fernández Ordóñez. Que eu saiba, este señor é SOCIALISTA. Xa dades un pouco de noxo. Como veciñ@ deste concello, non quero ver aquí este tipo de espectáculos.

manolo o do bombo · 3-05-2013 a las 14:51

Impresentable o comentario de sobreiras,notase de que partido eres,que foron os que votaron en contra,tampouco eres un afectado de ahi ó comentario….

Tiroliro II · 4-05-2013 a las 18:14

Ten toda a razon sobreiras, querese facer pollitica con esto, casi todas as preferentes se fixeron co Psoe no poder, donde estaba a CNMV? o Banco de España de MAFO?, porque decia o Zapatillas que tiñamos o mellor sistema financiero do mundo mundial?, que culpa teñen agora os concellais do PP?, e como o dos desahucios, por que aprobou o Psoe o desahucio rápido express cando gobernaba? porque votou en contra da dacion en pago?
O PP ten culpa en moitas cousas, o cara de Baltar que enchufou a cento e pico na diputacion de Ourense para ganar o congreso, pero, e os do Bloque porque meteron os amigos todos no bipartito para escolas infantis, o Soaga dos montes, as empresas dos amigos para o Consorcio aquel do Benestar de Quintana?.
E no bipartito cando colaron aos interinos todos de educación quitandolle probas, levaban a tira de anos e nin se presentaban as oposicions, entraron a dedo de interinos e pasaron de gañote as prazas, malos profesores e os xoves preparados e con notas cojonudas a emigrar, agoran estes falan do paro xuvenil, hai que joderse

eolo · 6-05-2013 a las 15:04

Vendo os comentarios de Sobreiras e Tiroliro II só me queda saber se estes ti@s son deste mundo ou uns impresentables. Facer este tipo de comentario coa cantidade de xente que foi estafada e enganada paréceme patético.
A calidade humana destes elementos vese por sí soa.

Tiroliro II · 6-05-2013 a las 18:10

Si moitos, os pequenos, foron estafados, pero non pode ser que os que permitiron o engano, acorralen con escraches a os de agora, e inxusto castigar para facer politica cando todos son culpables
E logo os xovenes que levaron mais de 9 puntos nas oposicions do bipartito, non se sinten estafados o ter que emigrar ao entrar interinos cuarentons vagos que entraron a dedo e nin preparaban as oposicions, quitaronlle as probas dificiles de estudar para colalos e sacar un 5, carotas os do bipartito…

eolo · 6-05-2013 a las 22:30

Mezclar o tema das preferentes cos das oposición do bipartito é alucinante. Pois sí ¡hai que joderse!, pero non o digo para que te jodas, e simplemente unha expresión.
Realmente eres surrealista. Neste intre estou a escoitar a Almudena Grandes no programa Intermedio, referíndose precisamente o tema dos escraches eses. O mellor escoitandoa aprendemos algo.
De todos modos, cando alguén se pon en contra de que se imparta unha charla-coloquio sobre as preferentes, di moi pouco desa xente. Simplemente o primeiro que se fai e criminalizalos.

Para cultura xeral. Os escraches son practicados (ata o de agora) pola plataforma Antideshaucios. (tamén pode ser que algúns teñan preferentes)

eolo · 6-05-2013 a las 22:36

Outra para cultura xeral. A Lei que permitiu os bancos e caixas comercializar preferentes e subordinadas (productos considerados complexos e só destinados a inversores) a todo tipo de clientes data do ano 2003.
Adiviñades quen firmou esa Lei que permitía expoliar a calquer aforrador?

Si, CHEMARI

sobreiras · 7-05-2013 a las 10:07

Mira eolo. Terás moita cultura pero non entendes nada. Non estou en contra da charla-coloquio que fagan os preferentistas, que fagan cantas queiran, que vaian a consumo, os arbitraxes da Xunta. O que digo e que non se fagan estas cousas na casa do Concello, hai outros locales, porque esta é a maneiro de que a xente confunda o que fixeron as caixas cos políticos que foron votados polo pobo e que nos representan a todos. Volvo a repetir que os políticos, nin os nosos nin os outros acompañaron a xente a caixa a meter os seus cartos en preferentes, nin tampouco condo foi o dos sellos que tamén perderon os cartos. E igualiño que si os metemos na bolsa e perdemos, esto é un xogo, dos que teñen os cartos, que os metan donde queiran, pero si perden que non nos pidan axuda. Alá eles e os banqueiros. Os políticos/as están ahí para DEFENDER O P?BLICO, o que é de todos e punto.

eolo · 7-05-2013 a las 13:20

A gran maioría dos preferentistas non xogaron cos cartos (haberá algún inversor, non digo que non). Cando os bancos e caixas non puideron seguir colocando as súas preferentes e subordinadas entre inversores (porque o mercado estaba empachado de papel), o goberno daquel entón aprobou unha Lei que habría a espita para colocar os productos en aforradores. Sendo productos de risco e complexos, quenes tiñan que poñer coto a todo esto eran precisamente OS POLÍTICOS. Algunha responsabilidade terán, digo eu.

papagos · 8-05-2013 a las 13:49

Imos ver «sobreiras», parece que o que non entende nada es ti. Por todo o publicado ata agora sabemos que se enganou a moitas persoas con este produto. Os presuntos responsables son os directivos das entidades que comercializaron preferentes e subordinadas, creo que non hai ninguén imputado por isto. Os afectados non culpan ao PP, o que queren é que lles axude a recuperar o seu diñeiro porque é o PP o que está gobernando. Os políticos teñen que estar cos cidadáns para iso son os seus representantes, claro que moitos deles se pasan isto polos forros.

Non é entendible que che pareza mal esta iniciativa por parte do concello, supoño que tamén che pareceu mal que o Sr Louzán puxese a camiseta dos preferentistas no pleno da diputación.

Por último «sobreiras», eu estou en contra de que a xente entre na función pública pola porta de atrás fágao a esquerda ou a dereita, iso que dis que fixo o bipartito a min recórdame ás famosas consolidacións de emprego que facía o PP, parece que ti destas non te lembras e «Tiruliro II» polo que vexo tampouco, xa sei que isto non ten nada que ver coa entrada pero xa que vos empeñades en mencionalo os demáis tamén temos dereito a opinar.

outro · 8-05-2013 a las 18:48

Papagos, coincido plenamente contigo no teu comentario agás nun pequeno detalle. Cando dis «Os afectados non culpan ao PP, o que queren é que lles axude a recuperar o seu diñeiro porque é o PP o que está gobernando» tes toda a razón, pero tamén certo é que esa cuestión estase tentando rendabilizar dende a esquerda, e iso, ainda que non se manifeste explícitamente, é mais ou menos como dicir «qué malos son os da dereita, que mira o que vos fixeron a vós, pobriños. E aquí estamos os da esquerda para axudarvos». Xa sei que iso non se di expresamente, pero está claro que é a mensaxe que se pretende transmitir. Política rastreira. E antes de que ninguén diga nada, xa aviso que podemos falar de políticas rastreiras por todas as bandas, pero non nesta entrada, claro.

sobreiras · 9-05-2013 a las 11:11

Papagos, pois claro que o PP está axudando a resolver este tema, sobre todo en Galicia, donde desde o primeiro momento o PP se puxo a disposición dos preferentistas, donde hai un tribunal de arbitraxe que xa resolveu moitísimos casos e acabará resolvendo todos. Pero a esquerda, que cando eles gobernaban este pais, foi cando máis producto deste se vendeu, está atacando a persoeiros do PP na súa propia casa, as súas familias, tratando de sacar rédito político deste tema. Así é a esquerda que temos neste país, sempre usando a xente con problemas para arremeter contra o goberno de dereitas, e eles nunca fixeron nada , nunca, nunca traballaron, só dar letra, ladrar, ladrar na rúa, así lles vai.

Cara de cona · 9-05-2013 a las 18:02

Sabedes quen vai ir a reunion?………aquel director da Caixa en cesures…..si o que colocou as preferentes aqui……jo..jo…jo…vive cerca……pero non aparece por aqui….nin de coña…..

Princo · 10-05-2013 a las 09:23

En fin… Aqui hay xente que prefire morrer á fame e que o seu partido esté gobernando. Que lamentable. Pensaba que no que levamos de ditadura algo levabamos aprendido.
Seguide votando ao PP veña, defendendo o indefendible. Que a esquerda usa á xente contra o governo? Manda carallo, si o psoe goberna.. Culpa deles. Se goberna o PP culpa do psoe, que non axuda.. Jaj
A ideoloxía dos que se cren ricos por votar á dereita.

O tema é que unha xente foi estafada, prometendolles esto mailo outro e resulta que nin os traballadores sabían o que vendian. Pero veña, seguide criticando que a xente se informe. Mellor ter á xente apampada, que é a costumbre da dereita

eolo · 10-05-2013 a las 10:39

Sobreiras, tes que miralo.

Tratar de mezclar política cun problema para moitas familias, pareceme moi rastrero.
Que durante o goberno de esquerdas se venderan preferentes, non hai ningunha dúbida. Que quenes vendían as preferentes non eran os políticos, senon os bancos e caixas, sen dúbida. Que quen aprobou o marco legal para cometer estas tropelías foi o goberno do PP (a través do BOE, 2003), non hai ningunha dúbida.

Que os políticos (todos os que gobernaron) teñen unha grande responsabilidade neste asúnto. Sen dúbida. Que os hai que teñen a cara de cemento (ex. Louzán), sen dúbida.

E iso de que dende o primeiro momento o PP se puxo a disposición dos preferentistas (???) permíteme dudalo. Só eiquí en Gacilia se constituiu o Tribunal de arbitraxe, que funcionou dende agosto ata outubro de 2012 (que extraño, xusto na precampaña electoral), logo mandaron pa casa ó 80% dos árbitros, e deixaron morrer o tribunal. HOXE NON HAI EN REALIDADE ARBITRAXE.
Finalmente, esto paréceme que roza a paranoia «Pero a esquerda, que cando eles gobernaban este pais, foi cando máis producto deste se vendeu, está atacando a persoeiros do PP na súa propia casa, as súas familias, tratando de sacar rédito político deste tema»

papagos · 10-05-2013 a las 12:48

Quédanos claro «sobreiras» que ti estás moi féliz e contento co goberno do PP, non serei eu o que perturbe o teu mundo de «Yupi». Oxalá que os que non teñen traballo, os desafiuzados, os que non poden manter aos seus fillos, os que non poden pagarse os estudos, os que non poden pagar os medicamentos ou as próteses que necesitan, os dous millóns de nenos que viven por debaixo do umbral da pobreza, etc, etc… fosen a mitade de felices ca ti.

Tamén estás convencido de que o PP está resolvendo o problema das preferentes, paréceme que os afectados discrepan co que ti dis. Vemos todos os días nos medios actos de protesta, a maioría dos manifestantes son persoas maiores, cres de verdade que saen da casa porque se aburren ou porque os manda a esquerda? Qué farías ti se foses vítima dunha estafa?

Por certo «outro» todos os partidos, todos sen excepción intentan rendibilizar o malestar dos cidadáns e tamén é certo que non sempre o consiguen pero esto xa é outro tema a debater.

E por último «sobreiras», onde vivías ti cando gobernaba Zapatero? porque parece que non lembras a cantidade de veces que se manifestou o PP, tampouco lembras a foto que fixo Mariano Rajoy na cola do INEM, e non lembras á Cospedal ensinando unha papeleta do PP dicindo que ao introducila na urna firmábase un contrato de traballo, … e non sigo porque levaría o seu tempo e dáme bastante noxo e ti seguirás dicindo que os malos son os da esquerda.

Princo · 13-05-2013 a las 23:27

Deixádeos estar… os pobres non se enteran de nada. Fijo que o que saben do que pasa en España, venlles de ver o telediario de tve… que pra eses inda non saben que hai crisis.

Defendendo a un partido politico no que se aprobou unha ley de educación que nos retrasa aos anos 50(con sorte), o ministro de medioambiente di que se ducha en auga fria para dar exemplo, etc etc etc…

Estades apampanados, espabilade. E non veñades agora co de «sodes deste partido, e tal e cual», porque tal e como estamos, xa me da igual quen esté, mentras nos saque desta

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.