O xoves, 27 de xuño, selección dos integrantes da brigada de prevención e extinción de incendios de Pontecesures.
Estará formada por catro traballadores (un encargado dous peóns forestais e un condutor) e a entrevista celebrarase na Casa do Concello de Pontecesures. Os aspirantes desempregados foron convocados pola Oficina de Emprego de Vilagarcía logo de presentarse alí a correspondente oferta de emprego. O contrato será de tres meses.
Lémbrase que o custo da brigada é cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Pontecesures logo de asinarse o convenio entre as dúas institucións. Neste verano voltaron a asinarse este tipo de convenios como xa os houbera hai varios anos.
0 comentarios