Acto homenaxe polo décimo aniversario do pasamento de «Borobó» en Boiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

asbo

Organizado pola Asociación Cultural Borobó, o sábado 24 de agosto, ás 20 horas, celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Boiro un acto homenaxe polo décimo aniversario do pasamento do cesureño D. Raimundo García Domínguez, «Borobó».

Estará estruturado en torno a unha mesa redonda con Xoán Guitián, Claudio Rodríguez Fer e Xesús Santos como convidados; unha interpretación musical a cargo do Grupo Tradicional Arume; e unha letura teatral realizada por membros de Teatro de Improvisto.

A presidenta da asociación, Silvia García Mirón, convidou ao acto a todas as asociacións culturais de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.