Nota da ACP sobre a Festa da Bicicleta 2013 en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con decepción comprobamos a escasa participación de nenos e maiores na Festa da Bicicleta 2013 de Pontecesures, que tivo lugar o pasado sábado 14 de setembro (sobre 60 inscritos). Con moito, foi a edición con menor participación dende que se celebra este evento e resultou unha mágoa observar o paso dun «pelotón» tan escaso de efectivos. Dende logo contrastou a boa disposición da Deputación no evento (presentación, material, decoración, etc…) coa nula achega do concello.

Esta agrupación xa non ía dar a súa opinión sobre o evento porque todos coñecemos que con este goberno que temos os actos cada vez están máis devaluados algo que aprecia negativamente a veciñanza. Pero, sorprendidos polas declaracións nos medios do concelleiro de Deportes, Roque Araújo, afirmando que estaba contento coa participación e indicando que afectaron outros eventos, consideramos pouco serias estas afimacións e dicimos:

1. Unha das razóns máis importantes para o fracaso de convocatoria foi non divulgar o evento no medio de comunicación de costume.
2. Outra razón foi non difundir a festa con comunicación aos alumnos do CPI Pontecesures como se fixo moitas veces.
3. A cartelería «standart»da Deputación que se colocou precisaba ser complementada con outros carteis chamativos e específicos para Pontecesures e non se fixo.

En fín, unha máis dun goberno local que nos amosa sempre a súa falla de implicación. Hai que poñer sempre todos os medios para que este tipo de eventos sexan un éxito. O executivo non o entende así e parece que estamos ante un trámite ou obriga que lles altera a fin de semana.

Pontecesures, 19/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.