Adxudícanse actuacións de aforro enerxético en varios edificios municipais de Pontecesures por 60.000 euros
A Deputación de Pontevedra adxudicou o 4 de outubro, na súa Xunta de Goberno, varias actuacións de aforro enerxético en edificios municipais de Pontecesures á empresa Genial Soluciones por 59.160 euros.
Os traballos consistirán na substitución de numerosos elementos de iluminación, cambiando as lámpadas incandescentes e tubos fluorescentes por lámpadas e tubos de baixo consumo.
As substitucións terán lugar no campo de fútbol, na escola taller, no club náutico, na Casa do Concello e no colexio público.
0 comentarios