ACP solicita que se limpe o regato da Chancela para evitar asolagamentos en vivendas da rúa Portarraxoi

Publicado por Antonio Cortés en

O tramo do regato da Chancela que vai dende a estrada nacional N-550 ata a parte traseira das vivendas da rúa Portarraxoi, no centro de Pontecesures, está en condicións lamentables con desperdicios e maleza por todas partes. � moi urxente a limpeza pois agora coas choivas se non se fai as augas desbórdanse do cauce e os riscos de asolagamento das vivendas na rúa Portarraxoi son moi grandes. Xa houbo problemas hai anos con estas augas.

Os veciños están preocupados e o goberno local non actúa como en tantas e tantas cousas. Este grupo insta a que se acometa a limpeza do regato co persoal municipal (e só un día de traballo). � certo que podería corresponderlle a limpeza a Augas de Galicia, pero ou ben o goberno xestiona a realización dos labores con toda celeridade co organismo, ou ben acomete xa a limpeza cos obreiros municipais. Os veciños non poden esperar a que se resolvan os asuntos competenciais co regato sen limpar e co conseguinte risco de danos para as súas propiedades.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.