Escrito da ACP sobre a suspensión das actividades no ximnasio do CPI Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Sr. D. César Augusto Pérez Ares
Xefe Territorial de Educación de Pontevedra

O día 25 do pasado mes de outubro xa se lle comunicou que as pingueiras no ximnasio do CPI Pontecesures estaban a causar problemas para o desenvolvemento das actividades docentes (houbo que colocar caldeiros no solo) e a danar o piso de madeira do recinto.

Pois ben; nada se fai e agora veñen as consecuencias. No día de hoxe, por mor de estar a madeira levantada, suspendéronse as actividades escolares e extraescolares no ximnasio, ata que o piso sexa recolocado ocasionándose os conseguintes gastos.

Unha vez máis solicítase a reparación urxente da cuberta do ximnasio que é unha responsabilidade da Xunta de Galicia pois, como todos sabemos, quedou con deficiencias estruturais cando foi construído o edificio. Débese considerar prioritaria esta actuación xa que a comunidade educativa non pode estar cada dúas por tres sofrindo este problema que afecta negativamente a todos.

Pontecesures, 06/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.