O ximnasio do CPI Pontecesures xa está operativo.

Publicado por Redacción en

O pasado venres remataron por parte de persoal do concello os traballos provisorios para arranxar as pezas de madeira soltas do solo por mor da auga das pingueiras.
Aínda que van continuar os caldeiros en días de choiva nunhas determinadas zonas da pista, alomenos, e con algunhas limitacións, se poden realizar actividades escolares e extraescolares.
Imos ver agora cando executa o obra da cuberta a Xefatura Teritorial de Educación da Xunta de Galicia prometida nestes días e os traballos posteriores de reparación total do solo prometidos polo concello.
A ACP, obviamente, tratará de estar atenta para que este problema, que afecta á comunidade educativo, sexa resolto canto antes.

Pontecesures, 11/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concellairo da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.