O persoal laboral de Pontecesures cobrará unha parte da extra de Nadal 2012 (1/12 aproximadamente)

Publicado por Redacción en

O día 7 do mes que andamos ditouse polo alcalde de Pontecesures a seguinte resolución:

«»Vista a sentenza nº 00443/2013 do Xulgado do Social nº 1 de Pontevedra en relación cos autos nº 518/2013 seguidos a instancia de D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, Dna. Luz María Freiría Caldelas e D. Fernán Couro Araújo sobre conflito colectivo, e dado que no fallo da mesma se declara o dereito da plantilla do persoal laboral do Concello de Pontecesures a percibir a paga extraordinaria de Nadal do ano 2012 no importe correspondente aos servizos prestados con carácter previo á entrada en vigor do R.D. Lei 20/2012, dende o 1 ata o 1 de xullo de 2012; esta alcaldía,

RESOLVE:

Que se proceda ao abono a toda a plantilla do persoal laboral do Concello de Pontecesures da parte proporcional da paga de Nadal do ano 2012 devengada dende o 1 ata o 15 de xullo de 2012, con anterioridade á entrada en vigor do R.D. 20/2012; de conformidade coa sentenza nº 00443/2013 correspondente aos autos 518/2013″».

Naturalmente isto afecta ao persoal que non cobrou a extraordinaria de Nadal 2012 e non aos traballadores que sí a cobraron íntegra ao non chegar as súas retribucións á cifra fixada no R.D. Lei 20/2012.er


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.