Charla-coloquio sobre TDAH (transtorno por deficit de atención e hiperactividade) en Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Charla-coloquio 

??TDAH, unha visión global?

Impartida pola psicóloga Sandra Mª Fernández Román

Día: mércores 20 de novembro

Hora: 11:00

Lugar: Casa do Concello – Entrechán

Organiza: Concellería de Educación e Servizos Sociais do Concello de Pontecesures

Colabora: Asociación Andaina Pro Saúde Mental

Desde a Concellería de Educación e Servizos Sociais do Concello de Pontecesures organízase en colaboración coa Asociación Andaina Pro Saúde Mental, unha charla sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad (TDAH) impartida pola  psicóloga Sandra Mª Fernández Román, dirixida a familiares  e persoas interesadas.

O tratamento do TDAH  require dunha gran implicación do contorno familiar, no que o diagnóstico deste trastorno soe xerar dúbidas e inseguridades, ademais de supoñer unha fonte de estrés para os seus integrantes.

O TDAH  é un trastorno neurobiolóxico de carácter crónico, que afecta entre un 5 e un 10% da poboación infantil, chegando incluso á idade adulta no 60% dos casos;  padéceno tanto nenos como adolescentes e adultos de todas as condicións sociais e culturais. Está caracterizado por unha dificultade de manter a atención voluntaria frente a actividades, tanto académicas como da vida diaria e unido á falta de control de impulsos.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.