ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA PERSOAS ADULTAS CURSO 2013/2014 EN PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Educación Secundaria para persoas Adultas -ESA

  • Clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial ESO.
  • Preparación para as probas libres de maio e setembro.

Infórmase que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para persoas Adultas ??ESA- ao que poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, Curso 2013/2014, e tamén as clases de preparación para as probas libres de maio e setembro (que permiten obter a ESO nun único exame tipo test).

As clases realízanse en horario de tarde-noite.

Para máis información poden dirixirse á AULA de Educación de Persoas Adultas no CPI INFESTA (R/ Avelino Pousa Antelo, s/n), de luns a xoves de 19 a 21 horas, ou no Servizo Social Comunitario deste concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.