MANIFESTO DO CONCELLO DE PONTECESURES POLO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE X?NERO

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

 

O Concello de Pontecesures, en representación de toda a súa veciñanza, condena nesta declaración calquera tipo de violencia contra a muller, sen admitir ningún tipo de xustificación e expresando a maior das repulsas.

A violencia de xénero é unha lacra mundial. Un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas, que impide á sociedade avanzar polo camiño do progreso social e o benestar.

A loita contra a violencia de xénero non entende de recortes. A loita contra a violencia de xénero supón un dos obxectivos que todo Goberno debe ter como prioritario e fundamental á hora de deseñar as súas políticas, impulsando leis e políticas activas en prol da igualdade e contra todo tipo de discriminación.

Porque a erradicación desta violencia, tanto física como sicolóxica, rematará cunha das máis duras e graves lacras da sociedade actual: a da violencia que exerce o home sobre a muller e, en moitos casos, sobre as e os seus fillos. Unha discriminación que na súa máxima expresión violenta chega a provocar a morte da muller a mans da súa parella ou ex parella.

Merece especial mención polo seu impacto na loita contra a violencia de xénero é o da prevención. Activar e desenvolver políticas dirixidas a evitar este tipo de violencia, sobre todo naqueles ámbitos nos que existe unha maior vulnerabilidade como a mocidade ??os datos falan dun alarmante incremento da violencia nas etapas da adolescencia e da etapa universitaria- ou o entorno rural, debe converterse nun obxectivo prioritario á hora de poñer freo a uns datos arrepiantes.

A loita contra a violencia de xénero é unha tarefa común. Só a través dunha responsabilidade compartida entre a cidadanía e os poderes públicos, poderemos erradicar definitivamente esta terrible lacra social.

Por todo elo:

Desde o Concello de Pontecesures asumimos o compromiso de loitar contra todo tipo de violencia, denunciando as agresións, apoiando ás vítimas, sen calar ante a violencia e sementando nas xeracións futuras o respeito entre homes e mulleres.

Co desexo de que no futuro no haxa motivo algún para conmemorar o día 25 de novembro como o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, asinamos este Manifesto, facendo constar o noso compromiso social con esta loita contra calquera acto que atente contra a integridade e a dignidade da muller.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.