O CPI Pontecesures acolleu unha charla sobre os riscos das novas tecnoloxías.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

foto charla perigos internet

Os alumnos de secundaria do CPI Pontecesures, recibiron unha charla da Garda Civil sobre os perigos do ciberacoso en Internet e a través das novas tecnoloxías. Esta actividade formativa enmárcase dentro do chamado ??Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad Escolar?, desenvolvido pola Garda Civil.

A xornada, impartida por un especialista da brigada de delitos telemáticos do Instituto Armado, ofreceu consellos sobre cómo facer un uso responsable de internet. Durante a sesión os alumnos comprobaron a importancia de prestar atención á información que se comparte nas redes sociais e navegar na rede de xeito seguro.

Repasáronse os problemas máis frecuentes neste ámbito, como as relación con descoñecidos e as súas posibles consecuencias, a través de redes sociais e o acoso que se pode sufrir entre menores, empregando os recursos tecnolóxicos dos móviles con cámara e internet.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.