Nace un vermú en Padrón cen por cen autóctono que aúna historia e saberes.

Publicado por Redacción en

Nace baixo a premisa da defensa da terra, da cultura e dos saberes ancestrais, coa pretensión de contribuir a expandir o selo de identidade dunha terra, a de Iria en particular, e a galega, en xeral. Alomenos esa é a filosofía coa que parte Vermutería de Galicia, unha empresa creada por cinco socios, todos eles galegos, na súa mayoría de Padrón, que lanzará o sábado un vermú 100% galego con alma histórica: St. Petroni.

Según a firma, este producto «será pioneiro en Galicia e a nivel internacional, posto que se fai coa variedade da uva albariña procedente dos viñedos do Pazo da Arretén; o que da un carácter único». A bebida espiritosa, que se presenta nun envase moi coidado estéticamente e cunha vertente didáctico-cultural, está elaborada a partir de técnicas de vinificación ancestrais «de elaboración do mellor albariño sobre lías, da recuperación da pranta máxica, o asenté, e da sabiduría dos devanceiros e das súas técnicas de maceración».

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.