Outra suba de taxas en Pontecesures: o prezo/hora de referencia da Axuda no Fogar pasa de 6,00 a 8,89 ?. (un 32%).

Publicado por Redacción en

No pleno extraordinario celebrado na mañá do xoxes, 20 de marzo, o goberno local aprobou a ordenanza do servizo de axuda no fogar, adaptando o texto á normativa autonómica, e a ordenanza fiscal da taxa por dito servizo, que supón unha suba no prezo hora de referencia nada menos que de un 32% ao pasar de 6 euros/hora a 8,89 euros/hora.

A oposición municipal non está de acordo con dita suba que vai repercutir nas economías das persoas que teñen algún tipo de dependencia.  Pouco se nos explicou do estudo de custos para xustificar a suba e non se contou connosco para nada á hora de consensuar as novas tarifas. O concelleiro de servizos sociais, Roque Araújo, só deu unhas explicacións vagas e imprecisas culpabilizando á Xunta das subas que é o mesmo que fixo cando subiron as taxas da gardería, argumento que logo foi desmentido pola administración autonómica. O goberno local leva presentadas varias mocións criticando o copago farmacéutico e os recortes doutras administracións, pero cando son eles os que castigan as economías dos maiores con problemas de mobilidade, queren que os veciños non o saiban convocando os plenos de mañá para que teñan menos repercusión na rúa.

Dicirlle aos veciños que «as taxas suben por culpa do goberno central ou da Xunta», é a frase favorita do goberno local de Pontecesures, sen comentar nunca as subas que eles deciden.

Pois xa está ben, porque nestes case tres anos o goberno subiu as taxas da gardería, do uso das instalacións deportivas, da piscina, dos sumidoiros, da auga, e incluso este ano sube o IBI dos bens de menor valor catastral. Pero claro, temos que aforntar o custo das retribucións do goberno máis caro da comarca por habitante, e iso nos vai ao peto a todos.

Pontecesures, 21 de marzo de 2014

Juan Manuel Vidal Seage (PP)
María Isabel Castro Barreiro (IP)
Luis Ángel Sabariz Rolán (ACP)

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.