O problema teno o PP.

Publicado por Redacción en

Luis A. Angueira (BNG)

Cando alguén propón facer un código ético ou deontolóxico é porque ten un problema na súa organización. En neste caso o problema teno o Partido Popular. Nós, como organización, defendemos a idea de que a política está para facer un servizo ao pobo, non para beneficiar outros intereses. Así que baixo ningún concepto, no BNG aceptamos nin regalos nin que se poña ningún medio para conseguir un fin que non sexa o beneficio público. Este tipo de prácticas, supoño que veñen da época do franquismo, e logo foron asumidas por algunha xente. Pero eu penso que, sobre todo, este é un tema de persoas. No BNG non vai ocorrer que ninguén utilice a política para buscar un beneficio persoal. Non fan falta códigos éticos preconcibidos. Para iso están os salarios. Os alcaldes e os cargos públicos xa cobran un soldo pola súa función. O problema, insisto, teno o PP, que ten moitos problemas sen saír da súa casa.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.