«Traballamos todo o ano para poder facelo».
A asociación Heroes Casal do Eirigo 1809 e o Concello de Valga volverán a recrear o sábado a batalla contra os franceses.
«Levamos traballando todo o ano para poder facelo, sacando cartos de debaixo das pedras, e iso que temos sorte porque o Concello corre con boa parte dos cartos». Quen fala é José Lagos, presidente da Asociación Cultural Heroes de Casal do Eit¡rigo 1809, creeada para organizar a recreación da batalla contra os franceses que tivo lugar nas proximidades da Capela da Saúde hai ahora 205 anos e que empezou a celebrarse, precisamente, co motivo do bicentenario.
O vindeiro sábado, 31 de maio, terá lugar a edición deste ano, que conta con novidades respecto ao cartel inicial, xa que os famosos Xenerais do Ulla se sumarán á contenda, explica Lagos.
«Na batalla participamos unhas 70 persoas da asociación (o que veñen sendo as Alarmas de Casal do Eirigo) e acompañarán as Alarmas de Pontecaldelas e de Pontesampaio e a Asociación Voluntarios Cristo de laVictoria de Ferrol». Unhas vinte persoas do grupo Os da Troula, de Portas, tamén asistirán vestidos de campesiños, así como os escolares do CEIP Baño. Ademais, durante o transcurso dos actos haberá unha exhibición a cargo da Asociación Artesanal Palilleiras de Valga.
Lagos explica que para reunir os fondos necesarios, aparte da achega do Concello e da colaboración da Deputación de Pontevedra, «facemos rifas, organizamos comidas de recadación, vendemos lotaría….Este ano fixemos calendarios con publicidade coa implicación dos comercios».
Deste xeito, todo está preparado nesta aldea de Setecoros, no mesmo sitio onde tivo lugar a contenda real no século XIX.
O programa daraá comezo ás 18 horas co desfile de participantes, a recepción, a revista das tropas, o izado das bandeiras e a letura dos méritos. A continuación terá lugar a recreación da batalla e a degustación das rosquillas.
A Escola Municipal de Teatro, coa colaboración dos veciños de Valga, poñerán en escea a obra «Dádelles caña» escrita por Iria Esperón, e despois actuarán os gaiteiros de Valga Quercus e Bugalleira, de Saiar. O dúo Caché amenizará a cea/baile á que asistirán unhas 250 persoas e durante a que haberá sorteos.
Aínda que a cita se celebraba en abril, este ano atrasouse pola tardanza da Pascua e agardando que o tempo acompañe.
Diario de Pontevedra
0 comentarios