DÍA DA BICICLETA EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cartel dia da bicicleta 2014 def

O vindeiro sábado 6 de setembro celebraráse o DÍA DA BICICLETA  en Pontecesures, cunha marcha cicloturista polas rúas do pobo.

SÁBADO 6 DE SETEMBRO ÁS 16.30 NA PLAZUELA.

OBRIGATORIO O USO DO CASCO.

A partires das 16.30 horas entregaránse os dorsais (para o sorteo) e a saída será ás 17.00 horas.

Está confirmada a presenza nesta marcha da recente medallista na Olimpiada da Xuventude Camila Aldana Morison Rey, de Pontecesures; que participará nesta actividade abrindo a marcha á cabeza da mesma.

Ao final da marcha sortearáse, entre os participantes, unha bicicleta doada polo establecemento comercial BERUCA BIKES de Pontecesures.

Esta actividade está organizada polo Concello de Pontecesures e na mesma colaboran os seguintes establecementos comerciais locais: Alisal, Eroski, e Beruca Bikes. Ademáis da colaboración, que xa ven prestando tódolos anos, de Begano-Coca Cola (Pontevedra-Vigo) que aporta as bebidas para os participantes.

Dende o concello animase á veciñanza a participar nesta actividade.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.