No pleno ordinario do luns, 24 de novembro, este concelleiro, solicitou ao goberno municipal que se polos servizos municipais se emitira un informe técnico e outro xurídico sobre a posibilidad de talar árbores frutais nun espazo municipal de esparcemento público situado na parte traseira das vivendas de protección oficial construídas pola Xunta de Galicia a mediados dos anos noventa no Monte de Porto
A razón da petición é que este concelleiro (contrario á curta destas plantas) considera que para nada rexen as distanzas destes árbores coas fincas colindantes que fixa o PXOM como afirmou a concelleira de Medio Ambiente Urbano, Cecilia Tarela. Non estamos a falar dunha plantación de frutais senón dunhas poucas árbores frutais ailladas de carácter ornamental nun área de xardín. De todos os xeitos é decisivo realizar un levantamento topográfico da parcela municipal a partir dos planos que se reflicten nos proxectos das vivendas construídas en poder do concello e comprobar as distanzas das árbores coas parcelas dos lindeiros.
Á solicitude verbal no pleno, nada respostou o goberno local. Esperemos que tomen en conta a petición para resolver así un problema xurdido con motivo da deficiente planificación da obra de iluminación da zona de esparcemento por parte do goberno municipal.
La banda de música y la radio municipal de Valga celebran este 17 de mayo su 25 aniversario, para el que han organizado una jornada llena de actividades gastronómicas, culturales y lúdicas, en el Parque Leer más…
O escritor, profesor da UVigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro, ingresou na Academia. A encargada de responderlle foi a poeta Chus Pato. Os versos de Rosalía de Castro tallados na estatua de pedra Leer más…
O pasado venres, na Biblioteca de Pontecesures, tivo lugar a presentación do libro de Fernando Salgado e Susi Maquieira «Qué miras». Interviron Maite Tocino, Cándido Duro, Fernando Salgado e Susi Maquieira. Gustou moitísimo esta presentación Leer más…
0 comentarios