O Concello de Pontecesures gastou 12.211 ? en 2014 por produtos de limpeza e pinturas mercados á mesma empresa.

Publicado por Redacción en

No pasado mes de febreiro solicitouse no concello autorización para consultar os pagos realizados a unha determinada firma comercial relativos a subministros de produtos de limpeza e pintura para edificios municipais e vías públicas. Despois de mes e medio facilitáronse as cifras pero, a pesar de habelo solicitado tamén, negáronse a este concelleiro as copias das listaxes dos pagos realizados a ese proveedor e que saen da contabilidade municipal. En consecuencia, a primeira crítica ao goberno local é que se trata de entorpecer o labor deste concelleiro na súa función da fiscalización e control da xestión. Tiven que ir anotando a man os pagos un por un e iso resulta incomprensible nos tempos que vivimos.

Pois ben; este concelleiro considera excesivo o gasto realizado a un só proveedor por parte do noso pequeno concello perante 2014 polo subministro dos productos reflectidos. Nada menos que 12.211,24 euros foi a cifra pagada en total (21 facturas presentadas). Considera este concelleiro que é moito máis entendible, para unha maior transparencia, que se convoque un procedemento para contratar o subministro sucesivo deste tipo de materiais instando ofertas a varios proveedores (temos varios ademais na localidade), tanto en canto ao prezo como ás características dos produtos.

Hai poucos días o goberno local alababa a súa xestión en materia de gastos. Pois neste apartado de subministro de materiais de limpeza e de pinturas, a xestión é manifestamente mellorable.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.