A marquesina do transporte escolar para os nenos/as de Carreiras e Toxa é insuficiente.

Publicado por Redacción en

marquesina

Dende hai moito tempo levan solicitando os veciños de Carreiras e Toxa a ampliación da marquesina situada na pista da Barosa na que se protexen os nenos/as de ditos lugares que se desprazan no transporte escolar áo CPI de Pontecesures.

Na marquesina, como se aprecia na fotografía, só collen poco máis de media ducia de rapaces cando utilizan o transporte máis de 25 alumnos/as que teñen que esperar con vento e choiva a chegada do autobús, no seu caso, nunha zona desprotexida das inclemencias do tempo.

A pesar das queixas veciñais o goberno local non actúa amosando a apatía de sempre. Dende logo nos lugares de Carreiras e Toxa o goberno local nestes catro anos que agora rematan non fixo absolutamente nada.

A ver se agora ante a proximidade electoral instalan unha marquesina en condicións para protexer os nenos/as.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.