Abandono do parque infantil de Carreiras.

Publicado por Redacción en

Moitos veciños de Carreiras están indignados polo estado de abandono en que se atopa o parque infantil do lugar. A falla de limpeza do recinto, con herba elevada en moitos períodos do ano, foi unha constante nestes catro anos, pero o estado dos bancos (tanto os de madeira como os de formigón) chama a atención polo seu deterioro que impide que sexan utilizados polos veciños.

O enfado xa chegou ata o punto de que ían ser os propios veciños os que ían acondicionar os bancos. Pero enterado o goberno local desta iniciativa, parece que traballadores municipais van acometer dita acondicionamento nos vindeiros días. Nas datas que estamos (en vísporas do día das eleccións municipais) ata parece unha burla do goberno local que se lembre agora de Carreiras a toque de cornetín, neste caso o dos veciños do lugar.

A ACP quere denunciar a lamentable xestión que fixo o equipo de goberno para Carreiras. Nin un investimento, nin unha actuación de mantemento das instalacións (no parque, no lavadoiro, na marquesina do transporte escolar, por exemplo). Por quitarlle, ata lle quitaron unha actuación teatral para os nenos que tiñan antes todos os anos polo verano. Esperemos que o goberno que saia dar urnas o vindeiro 24 de maio cambie as cousas para ben de todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.