Roque Araújo: «Puidemos cometer erros, pero o noso labor foi moi importante».

Publicado por Redacción en

O cesureño Roque Luis Araújo volve ser o candidato socialista co obxectivo de mellorar resultados anteriores e conquistar o Goberno. Sendo dun partidos dos agora chamados tradicionais, ve con bos ollos o feito de que haxa cinco candidaturas diferentes porque «é a demostración de que somos un pobo que está vivio e con unha xuventude preocupada». ? máis, ata o ve como un acicate.

Como afronta o PSOE esta campaña?
Con moita ilusión e na confianza de que os cesureños saiban recoñecer o labor que desenrolamos nas concellerías de Servizos Sociais e Deportes.

Seguen vostedes abertos aos pactos de goberno e acordos?
Estamos traballando para lograr o mellor resultado posible. e por respecto aos votantes, non estamos agora pensando en pactos ou acordos. En todo caso dicir que si os cesureños deciden que ningunha lista obteña a maioría, só pactaremos con os que antepoñan o benestar e o interese da veciñanza en xeral, a intereses particulares ou do partido.

Cal é o seu aval nesta lexislatura como membro do goberno?
Lograr un novo xeito de facer política, entendendo que o diálogo, o traballo diario e a cercanía con veciños son a base para que as cousas melloren a nivel local.

Como foi a relación cos seus socios nesta lexislatura?
Cordial no persoal, pero coas discrepacncias lóxicas entre opcións políticas diferentes.

Fíxose algo mal? Que se fixo ben?
Algo mal? Somos humanos e seguramente cometemos algún erro e agora os cidadáns xulgarán. Nas áreas nas que desenvolvín o meu traballo, considerando o período que nos tocou vivir polos recortes do goberno central de da Xunta, considero moi importante o labor feito en Servizos Sociais, dando cobertura ás persoas máis necesitadas: en Educación, mantivéronse as instalacións e fixéronse novas inversións, se continuou con programa de educación de adultos; saxouse adiante o Banco de Libros, iniciouse un programa de ludotecas e potenciouse o labor da Bilioteca. En Deportes manitivéronse as instalacións municipais e apoiouse as clubs.

Diario de Arousa


1 comentario

charly · 16-05-2015 a las 20:33

a o mellor, acerto e todo, proximo goberno ( PP+ Maribel -cobrar ou PP + souto-cobrar, que decides ? caliente caliente

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.