Dobrete de ouro de Morison e Dacosta no K-2 200 e 500.
As padexeiras do Náutico Pontecesures Camilia Aldana Morison e Raquel Dacosta completaron o domingo a súa extraordinaria actuación na Copa de España de 200 e de 500 metros en Verducido. E é que non deixaron fuxir nin unha soa das seis medallas ás que optaban na categoría júnior.
Publicidad
Así, logo de alternarse o sábado no primeiro e no segundo postos do K-1 200 -vitoria para Raquel e prata para Camila- e 500 -orde inversa á anterior-, na segunda e derradeira xornada da cita nacional impuxéronse no K-2 200, con 2.157 segundos sobre Mar Duran e Laia Pelachs (C.N. Banyoles), e no K-2 500 coas mesmas rivais coma segundas, só que coa frioleira de 6.039 segundos de vantaxe. O N. Pontecesures foi o mellor club arousán, décimo na xeral.
La Voz de Galicia
0 comentarios