Renovación de contenedores para Serra do Barbanza .

Publicado por Redacción en

A mancomunidade investirá 120.000 euros en adquirir 686 novos colectores.

A Mancomunidade Serra do Barbanza vai investir 119.962 euros na renovación do seu parque de colectores para o servizo de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos. Un investimento que conta dunha axuda de 89.972 euros da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que a través do Fondo de Compensación Ambiental permitirá financiar o 75% do total da cuantía.

A presidenta da Mancomunidade Serra do Barbanza, Teresa Villaverde, agradece a extraordinaria colaboración da Vicepresidencia, ??que nos concedeu a axuda máxima posible para este proxecto a través do Fondo de Compensación Ambiental?.

Unha achega que permitirá a adquisición de 686 colectores de lixo para todos os municipios que forman parte da mancomunidade. ??Estes novos colectores permitirán substituír aos que presentan deficiencias e que os concellos cumpramos o compromiso de repoñer os colectores deteriorados aos 10 anos do acordo coa empresa que xestiona a planta de Servia?, explica Villaverde.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.