EDUCACI?N ADULTOS 2015/2016 EN PONTECESURES.
PROGRAMA DE EDUCACI?N DE PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.
1.- Clases presenciais e gratuítas para a obtención do título de graduado en educación secundaria –GRADUADO ESO– para maiores de 18 anos, por cursos ou ben accedendo ás probas libres nas dúas convocatorias (maio e setembro) podendo obter a titulación nun só día mediante exames tipo test.
2.- Clases presenciais e gratuítas para a preparación para o acceso a CICLO MEDIO, con exames nun só día en formato tipo test.
Para as persoas adultas, este título é un obxectivo importante desde o punto de vista de conseguir un emprego. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a postos de traballo convocados polas administracións públicas e empresas privadas.
Estas probas son convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Programa de Educación de Adult@s do Concello de Pontecesures está en coordinación cos centros de ensinanza a distancia.
O horario é de luns a xoves de 18.30 h. a 21.30 h. (o horario pódese modificar dependendo das circunstancias do alumnado).
A impartición das clases son no colexio CPI de Pontecesures.
Para máis información acudir á Concellería de Educación do Concello de Pontecesures ou á Oficina do Técnico de emprego.
0 comentarios