O CONCELLO DE PONTECESURES INFORMA DA OBRIGA DE MANTER AS FINCAS E PARCELAS LIMPAS DE MALEZA.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Recórdase aos interesados que dacordo coa Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, OS PROPIETARIOS ESTÁN OBRIGADOS a manter as súas parcelas, así como as vías e camiños, limpas de maleza e coa masa arbórea rareada, debendo respectarse as seguintes distancias:

– Nos predios dedicados a labradíos, cultivos, prados ou pastos ….  10 metros.

Nas vivendas, edificacións e instalacións se a repoboación é de eucaliptos, piñeiros ou acacias ……..  50 metros.

  –  Nas vivendas, edificacións e instalacións se a repoboación é de frondosas caducifolias … 10 metros.

  – Nas instalacións de actividades perigosas …. 25 metros.

  – Nas vías e camiños: …2 metros dende a aresta exterior do camiño.

Na actualidade o Concello de Pontecesures ten aprobado unha ??Ordenanza reguladora da limpeza viaria e ornato público? que contempla a imposición de sancións segundo as infraccións se consideren moi graves, graves ou leves.

No caso de alarma de incendio forestal débese chamar ao teléfono 085. Se a liña estivese ocupada pódese chamar ao teléfono 112. E para dar alarma de actividade incendiaria chamar á Garda Civil ao teléfono 062.

Faise constar que no caso de que haxa calquera incidente por non cumprir esta normativa, os responsables serán os propietarios das parcelas.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.