Unha placa conmemorativa recorda a Borobó en Cesures.

Publicado por Redacción en

Na homenaxe do xornalista, a Asociación de Periodistas de Compostela distribuíu un número especial de ??La Noche??.

borobocor

Fotografía de familia ante a placa que recorda a Borobó na que foi a súa casa en Pontecesures.

A vida e obra de Raimundo García Domínguez, Borobó (1916-2003) foron recordadas nunha emotiva homenaxe pública organizada pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) celebrada onte na casa onde viviu, actual Hotel de Río (Antiga casa Lozano), na súa vila natal de Pontecesures.

Ao acto asistiron profesionais do xornalismo galego, así como veciños, familiares e amigos do que fora director de EL CORREO GALLEGO e La Noche, que foi catalogado unánimemente como ??mestre inesquecible do xornalismo galego contemporáneo?.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.