ACTO DE DESPEDIDA DO ALCALDE DE PONTECESURES ÁS D?AS NENAS SAHARAUIS QUE ESTIVERON ESTE VERÁN EN PONTECESURES AO ABEIRO DO PROGRAMA ??VACACI?NS EN PAZ?.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

No día de onte o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recibíu na Casa do Concello ás dúas nenas saharauis que logo de pasar este verán acollidas con dúas familias de Pontecesures dentro do programa ??vacacións en paz?, teñen que partir novamente ao seu lugar de procedencia.

Nun acto moi distendido, o alcalde recibíu a Jadiya Mahfud Alal e a Fatimetu Said Isawi no salón de plenos da Casa do Concello e no propio despacho da alcaldía. Entre sorrisos o alcalde entregoulles sendos agasallos para que recorden a súa estancia en Pontecesures.

Recordase que o programa ??vacacións en paz?, promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) permite que nenas/as sasharauis teñan a posibilidade de fuxir das altas temperaturas do deserto, someterse a revisións médicas e contar cunha boa alimentación durante dous meses no verán.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.