O CONCELLO DE PONTECESURES NA PROCURA DE SOLUCI?NS PARA OS RECARGOS NOS RECIBOS DO ORAL.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O ORAL (Organismo de Xestión Catastral e Tributaria da Deputación de Pontevedra) está a remitir aos nosos veciños uns recibos con recargos por impago.

Este recargo débese a que o ORAL está a dividir o recibo de TAXAS E PREZOS P?BLICOS (que inclúe entre outros importes o cobro de lixo e o sumidoiro) deixando sen notificar un dos dous recibos e quedando polo tanto o outro pendente de pago ante o descoñecemento dos veciños.

Dende o Concello se está a traballar para atallar este problema para que o ORAL, se é posible, devolva o importe cobrado indebidamente por recargo.

ROGAMOS A TODOS OS VECI?OS,

Que acudan ao Concello co seu recibo con recargo, para remitilo ao ORAL e identificar ós veciños ós que se lles aplicou un recargo nas súas taxas, e tratar de recuperar os cargos indebidos.

Rogamos desculpen os problemas ocasionados e agradecemos anticipadamente a colaboración de todos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.