CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA (ACCI?N DE VERÁN 2018).
Ao abeiro da Orde do 16 de abril de 2018 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 80 do 25/abril/2018) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A DE VERÁN-2018? para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 18 DE MAIO DE 2018, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
0 comentarios