Rouban chatarra e maquinaria do punto limpo de Valga aproveitando a corentena.

Publicado por Redacción en

A persoa ou persoas responsables do roubo, explican fontes municipais, entraron no punto limpo rompendo a rede que pecha a parte posterior do recinto.

As instalacións do punto limpo de Valga foron obxecto dun roubo, cometido durante o período de confinamento, en concreto na mañá do domingo. Un ou varios ladróns conseguiron acceder ao interior do recinto para substraer diverso material que se atopaba alí almacenado para a súa clasificación e posterior xestión e reciclaxe.

A persoa ou persoas responsables do roubo, explican fontes municipais, entraron no punto limpo rompendo a rede que pecha a parte posterior do recinto. Entre os obxectos que levaron atópanse unha máquina cortacéspede, dúas hamacas, chatarra e outro material que está sendo valorado por persoal do Concello e pola Policía Local.

Os feitos xa foron postos en coñecemento da Garda Civil, que mantén aberta unha investigación para tratar de identificar e localizar ao autor ou autores do saqueo. Estes enfróntanse a unha dobre sanción. Unha delas obedece ao propio roubo, e outra ao feito de vulnerar o confinamento e incumprir o decreto de declaración do estado de alarma.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.