Algueirada actuou hoxe en Campaña.

Publicado por Redacción en

Celebrouse en Campaña o día de Santa Cristina. O grupo Algueirada encargouse do pasarrúas e logo, ao remate da misa, houbo una actuación con pezas da gaita, pandeireta e baile. Na instantánea a interpretación dun baile no que houbo que utilizar máscaras e gardar o espazo de seguridade. Dende logo ninguén pensaría que chegaríamos a isto. A actuación, sen dúbida, será lembrada por todos dadas as circunstancias.

Mañá sábado tamén actúa Algueirada na celebración de Santiago Apostol en Campaña. Haberá pasarrúas á partir das 9:45 horas e actuación despois da misa na Igrexa Parroquial que terá lugar ás 13:15 horas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.