CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO, SERVIZOS E HOSTALERÍA DE PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Unha vez mais e esta vez con maior razón, o Concello de Pontecesures da inicio á presente Campaña “Pontecesures Próximo” co fin de promover e incrementar a actividade económica dos pequenos comercios de proximidade e do tecido hostaleiro do municipio e servizos asentados no termo municipal, así como premiar o compromiso e a fidelidade dos seus clientes.

O eixo fundamental da Campaña é a realización do sorteo de premios a trocar nos establecementos adheridos/colaboradores na Campaña, por un importe total de 3.500 €.

AGORA MÁIS QUE NUNCA COMPRA EN PONTECESURES, GAÑAMOS TODOS.

Campaña de apoio ao comercio, servizos e hostalería locais.

☑Porque están preto de ti.

☑Son os nosos veciños/as ou familiares.

☑Ofrécenche un trato persoal e próximo.

☑Colaboran en actividades locais.

☑Crean emprego.

☑Impulsan a economía local.

PRAZO DE ADHESIÓN PARA OS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS: DO 3 ATA O 14 DE MAIO.

 BASES CAMPAÑA APOIO AO COMERCIO «PONTECESURES PRÓXIMO»
 ANEXO I DE ADHESIÓN PARA ESTABLECEMENTOS «PONTECESURES PRÓXIMO»
 

1 comentario

Natividad silva valiño · 2-06-2021 a las 21:52

Da gusto comprar no comercio local

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.