Cesures terá novo pantalán e ampliará o da escola de piragüismo.

Publicado por Redacción en

A presidenta de Portos, de frente, o pasado xoves en Pontecesures

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de contratar as obras de construción dun pantalán para servizo de pasaxe e a ampliación do da escola de remo no peirao do municipio pontevedrés de Pontecesures.

Así o comunicou onte pola mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha visita á zona na que estivo acompañada polo alcalde da localidade. A representante do departamento autonómico de Mar explicou que esta actuación dará resposta ás necesidades do servizo de transporte de pasaxeiros que ten lugar no peirao local e resolverá as necesidades dos usuarios da escola de remo.

Segundo explicaron desde Portos, as obras contan cun investimento de 100.000 euros e o seu inicio está supeditado á aprobación do Plan de Seguridade e Saúde. Estímase que poidan comezar a mediados do vindeiro mes e unha vez iniciadas contarán cun prazo de execución de dous meses.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.